No verán Facebook mudou a súa criticada aplicación móbil para iOS facéndoa 100% nativa, o que supuxo unha mellora moi importante do seu rendemento, de xeito a baixa calidade da aplicación para Android desta plataforma social quedou aínda máis en evidencia, o que buscan corrixir hoxe coa estrea da versión 2.0 da aplicación móbil de Facebook que xa pode descargarse de Google Play e que presume de funcionar ao dobre de velocidade ao visualizar fotografías e abrir a biografía, percibíndose esta mellor con só lanzar a aplicación. Na nova aplicación as fotografías ábrense cun único toque para poder comentalas e premer en Gústame máis rápido e na barra de historias novas podemos ver máis historias sen actualizar a páxina.
Para acompañar esta estrea para Android dende Facebook tamén lanzaron a versión 5.3 da aplicación para iOS que tamén acelera a carga da sección de novas pero destaca especialmente por permitir elixir un álbum ao subir fotografías.
Facebook mellora a velocidade da súa aplicación para Android
Compartir Este Artigo

