The Binding of Isaac está incluído no novo Humble Indie BundleTras un pequeno paréntese no que The Humble Bundle abriu a porta á editora THQ para comercializar varios dos seus xogos nun lote polo que o público podía pagar a vontade, esta iniciativa solidaria que permite que os compradores decidan o que queren pagar polos xogos, así como o reparto que se fan dos ingresos (repartidos entre os organizadores da iniciativa, os creadores e un par de entidades benéficas), volve ao rego dos xogos independentes con The Humble Bundle 7, lote que poderá mercarse durante un par de semanas e que está composto polos xogos Snapshot, Closure, Shank 2 e o supervendas The Binding of Isaac, xunto co excelente documental Indie Game: The Movie (que amosa a outra cara de xogos como Super Meat Boy e Fez e que, aínda que está en inglés, distribúese con subtítulos en español), recibindo os usuarios que paguen máis da media algúns contidos adicionais (inicialmente os xogos Dungeon Defenders e Legends of Grimrock). As bandas sonoras dos xogos tamén están incluídas neste lote de xogos multiplataforma (funcionan en Windows, OS X e Linux) e cómpre destacar que a compra dos xogos soltos superaría os 140 dólares, e co pagamento duns 6 dólares xa poden conseguirse todos os contidos, polo que estamos ante unha oferta difícil de deixar pasar para os amantes dos xogos para ordenador.