Nas últimas semanas a aplicación de mensaxería LINE está a avanzar con moita forza para intentar desbancar ao popular WhatsApp, para o que ofrece prestacións diferenciais como permitir facer chamadas de voz (característica que non funciona dende conexións de banda larga móbil), maiores capacidades sociais, funcionamento e aspecto divertido e incluso a posibilidade de utilizalo dende o ordenador, e precisamente neste último aspecto temos que veñen de estrear a súa aplicación oficial para Windows 8, adaptándose á súa interface de usuario moderna e ofrecendo unha aparencia moi minimalista e elegante que, entre outras permite tirar proveito do modo de pantalla partida (podemos manter unha conversa fixa nun lateral da pantalla mentres no resto do espazo estamos a desenvolver outras tarefas como utilizar un procesador de textos ou navegar pola web. A aplicación está en inglés, xaponés, coreano e chinés e funciona tanto en Windows 8 como en Windows RT.
Cómpre destacar que WhatsApp tampouco é unha aplicación que permaneza impasible, e durante estas festas está a ofrecerse de balde a súa versión para iPhone, no que semella un xeito de continuar a medrar a súa base de usuarios para non perder relevancia ante as alternativas que xorden con ánimos de facerse co seu trono.
LINE estrea aplicación para Windows 8
Compartir Este Artigo

