Con canto móbil entrando e saíndo das nosas vidas, que será dos que xa non acheguen as últimas novidades que lles pedimos? Haberá posibilidade dunha segunda vida e, polo tanto, opcións de de sobrevivirmos á cordilleira (non xa montaña) de refugallos que podería depararnos o futuro se as cousas van a máis? A xuízo dos responsables da nova web Locompramos.es, si que hai unha segunda oportunidade para os trebellos que vaiamos deixando no caixón ou nos colectores específicos. Trátase dun servizo en liña, que xa acadou importantes cifras de participación en Alemaña (baixo a marca Wirkaufens e chegando a unha taxa media de 15.000 unidades mensuais mercadas), e que se basea na recuperación para o mercado de móbiles, tablets, cámaras e accesorios en desuso. Na web, dise, taxan os aparellos polo seu valor real no mercado de segunda man.
O procedemento de venda en Locompramos.e é este: sen necesidade de rexistrarse, o usuario accede directamente a un formulario onde pode calcular en tempo real o valor de taxación. Se se decide a vender, achega os seus datos, valida a compra, escolle un método de pago e recibe o diñeiro, segundo informan os responsables do servizo, no prazo de 7 días. Para entregar o dispositivo, pode escoller entre levalo persoalmente a un centro de mensaxería ou que llo recollan gratis en casa. “En Locompramos.es”, engádese, “o usuario dispón dun extenso catálogo de produtos para vender, agrupados por marcas, modelos e referencias”. As categorías de produto que se poden vender a través do portal son: Móbiles, Tablets, Cámaras Dixitais, Obxectivos e iPods/Reprodutores MP3.
Locompramos.es: novo servizo onde recuperar para o mercado os nosos trebellos usados
Compartir Este Artigo
