
O novo codificador aliviará a carga das redes mundiais na transmisión de vídeo ocupando a metade de espazo, conseguindo unha maior calidade, o que tamén podería abrir a porta aos contidos de ultra alta definición (practicamente inviables coas conexións á Internet actuais). Grazas á colaboración do Grupo de Expertos en Codificación de Vídeo (VCEG) da UIT e o Grupo de Expertos de Imaxes en Movemento (MPEG) da ISO/CEI, acadouse o consentimento da recomendación UIT-T H.265 ou ISO/CEI 23008-2, que busca coller o relevo do popular codec H.264 (que actualmente representa máis do 80% dos vídeos na web) durante os vindeiros 10 anos, pois xa ten en conta os tamaños de pantalla emerxentes e está a avanzar para a súa ampliación ao vídeo estereoscópico.
Non só as transmisións televisivas ou os contidos en ultra alta definición beneficiaranse do novo codec, senón que tamén resultará de grande utilidade para dispositivos móbiles, que están a incorporar pantallas Full HD (e nalgún caso incluso superan tal resolución), polo que reducir o largo de banda necesario para transmitir contidos de vídeo de calidade é cada vez máis necesario, pois a esixencia dos usuarios por unha boa definición é cada vez maior.
Demostración de Cisco do codificador H.265
A UIT acorda a primeira fase da aprobación da norma H.265
Compartir Este Artigo
