A aplicación móbil de WhatsApp para Windows Phone 8 recibiu hoxe unha importante actualización, que pode considerarse como unha das máis importantes recibidas ata o momento, por dar un grande salto na integración desta ferramenta de mensaxería instantánea co último sistema operativo móbil de Microsoft, de xeito que a versión 2.9.2.0 desta ferramenta xa permite configurarse cos 3 tamaños dispoñibles de baldosa (que agora emprega a cor definida polo usuario para uso xeral) e tamén permite que as notificacións de WhatsApp aparezan na pantalla de desbloqueo do móbil (indicando o número de mensaxes pendentes de ler na aplicación).
Aparte destes avances na Integración do WhatsApp Messenger en Windows Phone 8, tamén engadiron posibilidades como a de poder enviar unha mensaxe a varios destinatarios sen facer un grupo (Difusión), poder realizar copias de seguridade, enviar mensaxes ao premer a tecla Enter, conta cunha nova pantalla para axuntar ficheiros, permite o envío de imaxes en formato PNG e incluso marca cunha icona cando silenciamos un grupo.
Temos así unha actualización deste aplicación que a fai máis completa e consistente.
WhatsApp renova a súa aplicación para Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

