Tras o grande éxito de convocatoria da celebración do 3º aniversario da LaconNetwork, coincidindo co acto de entrega dos Premios EGANET, o encontro gastronómico dos profesionais e emprendedores do sector TIC galego volve á súa normalidade cunha máis modesta convocatoria que, por motivos excepcionais en vez de celebrarse o último venres do mes, terá lugar o 1 de marzo a partir das 14:30 horas, elixíndose como lugar para o encontro o Mesón de Deus, establecemento que xa acollera a terceira edición do encontro en marzo de 2010.
Os interesados en participar deste encontro gastronómico poden inscribirse na súa páxina web, tendo que aboar 18 euros a través de PayPal para sufragar o xantar no que primará o networking entre os profesionais de múltiples compañías tecnolóxicas galegas que dinamizan o seu ámbito en boa medida grazas á colaboración que xorde de eventos como este.
A LaconNetwork volve a Ordes o vindeiro venres
Compartir Este Artigo

