
Mesas redondas sobre o emprendemento

Tras a mesa redonda contouse coa presenza de Roi Correa, de Menús.es, quen contou a súa experiencia como gañador do premio Emprendedor XXI Galicia do ano pasado, o que serviu tamén para coñecer un pouco máis estes premios e animar aos presentes a optar aos mesmos na convocatorio de 2013.
A primeira quenda de intervencións da mañá rematou cunha mesa sobre as achegas a emprendeduría, na que intercambiaron experiencias e comentarios José Ramón Ojea, director de Servizos Avanzados do Consorcio da Zona Franca de Vigo; Pelayo Novoa, de Redinvest do Club Financeiro de Vigo; Juan Manuel Cividanes, director xeral de XesGalicia; e Cormac Leggett, de Enisa, que estiveron contudicos por Fernando Martínez Valdueza, da Escola de Negocios de Novacaixagalicia.
Emprendedores exemplares
Tras un breve descanso, e para pechar a sesión matinal, Javier de Andrés Marín, fundador e director xeral de Ticketea, compartiu co auditorio a súa experiencia profesional e a súa aventura emprendedora, dando numerosos consellos para os que queiran dar o salto de emprender, nun relatorio instrutivo e animado que deu pé a un dos momentos máis memorables da xornada ao repartir folios entre os asistentes animándoos a facer avións de papel para atinar nunha diana xigante como exemplo da busca de solucións a problemas, que pode servir para ilustrar os distintos tipos de emprendedor que podemos atopar.
Momento no que os asistentes intentaron superar o reto de atinar nunha diana xigante con avións de papel
Tras o xantar habitual da LaconNetwork, botou a andar a sesión de tarde, que comezou cun relatorio de Johann Huber-Gutiérrez, de TechReactor, quen expuxo a súa experiencia profesional ante a audiencia, dando a entender que quedan moitos ámbitos nos que introducir innovacións, e chamando a buscar os mercados nos que poder facelo, o que en moitos casos supón a exportación tecnolóxica, que no seu caso levouno a emprender tanto nos EE.UU. como no Xapón, lugares onde puido participar en proxectos moi interesantes de usos de tecnoloxía móbil, marketing multicanle, converxencia de dispositivos… solucións que parecían moi ousadas no seu momento, pero que lograron callar ao atopar o seu nicho.
Cómpre destacar que, os que non puideran asistir a este encontro que queiran escoitar a Johann Huber-Gutiérrez en persoal, poden aproveitar que, antes do seu regreso a San Francisco, vai pasar pola sede de WekCo para dar unha charla informal o vindeiro luns de 17:00 a 19:00 horas.
Entrega dos Premios EGANET
Tras un completo programa de relatorios e charlas, que contaron cunha divertida
animación por parte do Víctor Grande,
o cómico fixo de mestre de cerimonias do acto de entrega dos Premios EGANET, que
este ano celebraban a súa novena edición.
Durante o acto, o presidente de EGANET, Víctor López, quixo facer un chamamento
á sociedade para que continúen a apoiar ao sector TIC, que pese ás moitas
dificultades continúa a innovar e dar froitos de grande valor, como demostran
ano a ano as edicións destes galardóns repartidos en 5 categorías a concurso,
ás que se suma un Premio Especial, que este ano recaeu a título póstumo en
Víctor Gulías, profesor da Universidade da Coruña e director do CITIC, que
contribuíu á posta en valor do I+D galego no ámbito da informática.
A primeira categoría á que se fixo entrega do Premio EGANET foi a de Aplicación
Software, que recaeu en OnTouch DS, unha solución de OnTouch Nova Tecnoloxía
Publicitaria, que emprega o recoñecemento de imaxes para personalizar os
contidos que aparecen en paneis publicitarios, iniciativa que conseguiu o
recoñecemento este ano, pero que tivo uns rivais tamén moi destacables, como o
sistema de pagamentos dende o móbil SetPay, a solución de visualización
interactiva eVidens e a tecnoloxía de recoñecemento de movementos Skeltrack.
O proxecto que conseguiu o recoñecemento ao mellor negocio en liña correspondeu
nesta edición a Construdata21 Internacional, que facilita información de obras
en todo o mundo a golpe de clic, converténdose nun grande exemplo de servizo
dun sector tradicional que soubo modernizarse co uso das TIC, e que logrou
destacar fronte a outros 3 proxectos que apostaran polo B2C: Perfumes TIN TIN,
Eat Galicia S. Coop. Galega e a Óptica Diagonal.
Á categoría de Comunicación Dixital concorreron proxectos moi diferentes, como
a narración en tempo real a través das plataformas dixitais dun proxecto
arqueolóxico, a campaña de promoción baseada na aplicación móbil Pandeireta Pro
ou o boneco viaxeiro Stabri, resultando gañador deste galardón a campaña
promocional de ARTEC primavera2012 de Nasas Social & Media.
O proxecto Emprendedor TIC máis destacado desta edición dos Premios EGANET foi
o ePocketGuide de Petrilla Tech, que antepúxose a outros como Geodoing,
Siguetuliga e Wiimbo.
Na categoría de Proxecto Colaborativo Empresarial TIC antepúxose a Probeta, a
aplicación Eleccións GALICIA e Bits for Meetings, a solución LIFE +
AtlanticVineyards, coa que a Deputación de Pontevedra xa conseguira
hai poucos meses o Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador de 2012
do que fíxose entrega na Noite Galega das Telecomunicacións.
Como colofón a esta completa xornada, dende EGANET fíxose entrega dun
recoñecemento ás empresas asociadas que superaron os 10 anos, como vén a ser
tradicional nestas galas de entrega, que serven así para destacar a perseveranza
e consolidación de distintos proxectos empresariais galegos con base
tecnolóxica.

