Aproveitando a ausencia de Instagram en Windows Phone 8 chega unha nova aplicación semellante que pretende gañar posicións grazas a botar a andar como ferramenta multiplataforma, Photoplay, que está xa presente de balde nas tendas de aplicacións de iOS, Android e Windows Phone.
Photoplay non só busca gañar a Instagram en número de plataformas nas que está dispoñible, senón que tamén ofrece maiores posibildiades, como a de tomar fotografías rectangulares. Pode difuminar imaxes, aplicar o efecto tilt-shift, axustar o brillo e o contrates, empregar 8 filtros de calidade de balde, compartir de xeito doado as súas fotografías en Facebook, Twitter e VK, atopar a amigos en redes sociais e a nosa axenda, comentar e gustar das fotografías, recortar imaxes, descubrir fotografías no mapa, axustar a privacidade de cada fotografía, aplicar viñetas, repostear fotos e incluso realizar buscas avanzadas. En definitiva, unha excelente alternativa a Instagram, especialmente no caso de usuarios de Windows Phone 8, aínda que con poucas posibilidades de ser capaz de ocupar o lugar dunha aplicación con tanta sona, que construíu toda unha plataforma social ao seu redor.
Photoplay, unha nova alternativa a Instagram
Compartir Este Artigo

