Mozilla está a celebrar o seu 15º aniversario, para o que instan aos internautas a repasar a súa historia, visitar unha páxina web creada para o evento na que amosan 15 datos que ilustran o que é Mozilla, animan a compartir impresións a través de Twitter co hashtag #webstory, a facer listaxes coas nosas 15 cousas favoritas da web e crear vídeos contando a primeira experiencia coa web e como podería chegar a ser dentro de 15 anos.
Esta aniversario coincide tamén co lanzamento de Firefox 20, que podemos descargar de balde en galego para Windows, OS X e Linux, que incorpora interesantes novidades como a posibilidade de pechar engadidos cando se bloquean sen ter que provoquen o bloqueo do navegador, un novo xestor de descargas (que agora está accesible comodamente a través dun botón na barra de navegación) e melloras na navegación privada (que agora permite varias xanelas independentes).
Mozilla celebra os seus 15 anos e estrea Firefox 20
Compartir Este Artigo

