En 2007 naceu na rúa Federico Tapia nº 43 da Coruña unha tenda chamada Play, especializada en produtos de Apple, que durante todo este tempo non só ofrecía os produtos da compañía da mazá, senón que tamén acollía numerosas actividades formativas ao seu redor, pero este establecemento vai reformularse o vindeiro día 18, cando ás 19:00 horas celebrará a súa transformación nunha tenda da cadea K-tuin, nacida en Madrid en 1994 e que actualmente conta con 8 tendas repartidas por Alacante, Andorra, Barcelona, Pamplona, Zaragoza e Madrid, converténdose na meirande rede de centros de Apple de España.

A cadea de tendas K-tuin establecerase na Coruña a semana que vén
Compartir Este Artigo
