
Cómpre destacar que esta tecnoloxía non é o sistema Qi que empregan móbiles como o Nokia Lumia 920 e o Nexus 4, polo que haberá que agardar bastantes meses para saber se o sistema de Powermat o substituirá ou simplemente convivirán ambas tecnoloxías (incluso no mesmo dispositivo).
Dende PMA aseguran estar a colaborar con BlackBerry, NEC, Texas Instruments, IDT, NXP, ZTE, Kyocera, Incipio, Sketch e Otterbox, entre outras compañías, e esperan que a operadora de telefonía móbil AT&T integre no seu catálogo de smartphones para 2014 o sistema de carga sen fíos de PMA.
Aínda que a carga en fíos poida resultar moi práctica no fogar ou no automóbil, o feito de poder implantala en locais públicos resulta aínda máis atractiva para os usuarios, que verían así un xeito de paliar a reducida autonomía dos dispositivos móbiles actuais, que poderían recibir carga a través da propia mesa cando se toma un café ou durante un xantar, prestación que tamén contribuirá a facer populares certos locais de hostalaría que adopten esta tecnoloxía.
HTC, LG e Samsung apostarán pola carga sen fíos
Compartir Este Artigo
