Aínda que os smartphones teñan funcións de accesibilidade, a chegada das pantallas táctiles non foi moi ben recibida para as persoais con dificultades visuais, e pero que incluso os invidentes poidan empregar un dispositivo deste tipo están a preparar na India un smartphone moi especial, que facilita a transformación de mensaxes de texto e correos electrónicos en patróns Braille. Este revolucionario produto será froito do traballo do emprendedor Sumit Dagar, en colaboración con IIT Delhi, que xa está en fase de prototipo. Dagar asegura que “a resposta durante as probas está a ser inmensa. Para o usuario estase a converter máis nun compañeiro que nun teléfono” á vez que adianta que no futuro buscarán desenvolver versións máis avanzadas que a actual.
Dagar principiou este proxecto baseado nunha pantalla táctil capaz de elevar a afundir contidos sobre a mesma facéndoa tocable hai 3 anos, conseguindo financiamento dos Rolex Awards, que galardoan a 5 persoas de todo o mundo cada 2 anos para achegar fondos aos seus proxectos.

Preparan na India o que sería o primeiro smartphone Braille
Compartir Este Artigo
