Dende o Parque Tecnolóxico de Galicia a empresa de desenvolvemento de software ZIBLEC achéganos unha aplicación móbil, dispoñible para iPhone e smartphones con Android, chamada RCP Coach, que como ben define o seu nome trátase dunha ferramenta que ensina, adestra e avalía a nosa técnica de reanimación cardio-pulmonar, destacando por ser capaz de medir a profundidade real das compresións desta práctica que pode ser fundamental para salvar vidas en numerosas situacións.
Esta aplicación é froito dun proxecto de investigación dos grupos REMOSS (Universidade de Vigo) e GIAAS (Universidade da Coruña) ligados ao salvamento e ao socorrismo, que procurou trasladar ao móbil as aplicacións que facilitan o adestramento de RCP, conseguindo así cunha solución máis accesible (tanto en dispoñibilidade e liberdade como en prezo).
A aplicación RCP Coach está divida en 3 fases: – A primeira ensina ao usuario a técnica de reanimación – O seguinte paso achega o elemento innovador e diferenciación da aplicación, pola súa capacidade de medir e avaliar a técnica utilizando un algoritmo que transforma os datos obtidos dos sensores do dispositivo en medidas do movemento en cada compresión realizada – A terceira fase prepara á persoa a afrontar un caso real, tendo en conta outros factores chave na presentación de primeiros auxilios (como alertar aos servizos de emerxencia e asegurar a zona)
Esta ferramenta someteuse a probas por profesionais dos grupos de investigación mencionados e outros profesionais sanitarios.
Unha aplicación móbil galega ensina a realizar reanimacións cardio-pulmonares
Compartir Este Artigo

