O paquete ofimático de Microsoft ten na web unha fiestra aberta moi interesante e que supón unha excelente alternativa a solucións como Google Drive, pois permite editar e compartir documentos a través dunhas completas aplicacións web que incluso están traducidas ao galego (incorporando tamén o correspondente corrector ortográfico) e que veñen de actualizarse de xeito importante para facilitar o traballo con documentos ofimáticos en mobilidade ou, simplemente, onde non teñamos unha aplicación de escritorio a man.
A principal novidade das Office Web Apps sería a posibilidade de editar documentos dende tablets con Android (como xa facían en iPads e tablets con Windows 8) a través da versión móbil do navegador web Chrome, o que podemos ver como un anticipo das versións móbiles do MS Office que espérase que saian a finais de ano ou para o ano que vén.
Edición colaborativa
Outra grande novidade desta solución web sería a co autoría de documentos entre as Office Web Apps e as aplicacións de Office de escritorio, de xeito que varios editores poderían estar a traballar co mesmo documento simultaneamente. Deste xeito, incluso as edicións de documentos vía web facilitarán a colaboración na edición de documentos, podendo verse os cambios que realizan outros autores como podemos ver nun vídeo de exemplo no que hai 2 usuarios traballando co mesmo documento de PowerPoint á vez:

