
Aínda que dende IDC confían en que o PC continúe a xogar un rol importante no sector, especialmente na empresa, entenden que os tablets están a atender dun xeito sinxelo e elegante os usos básicos que antes facían dos ordenadores. Tamén apuntan a que os tablets de pequeno tamaño está a medrar de xeito significativo dende 2011, e van camiño de superar ao mercado de tablets de grande tamaño: en 2011 os tablets de menos de 8 polgadas ocupaban o 27% do mercado, e durante o presente ano poderían chegar ao 55%.
Estiman que este ano os tablets superarán en vendas aos ordenadores portátiles
Compartir Este Artigo
