Hoxe estréase en Google Play unha aplicación moi agardada por parte dos usuarios de Android, Vine, que en poucos meses conseguiu superar os 13 millóns de usuarios de iPhone, e que agora vai camiño de ampliar considerablemente a súa base de usuarios graza á apertura a posuidores de dispositivos con Android 4.0 ou superior.
Vine é unha plataforma que facilita a creación, compartición e reprodución de pequenos bucles de vídeo, que poden compartirse a través de Twitter e Facebook de xeito doado, e que están a dar pé a numerosas mostras creativas. A aplicación tamén permite explorar tendencias, etiquetas destacadas e o que recomenda o editor.
Cómpre destacar que estamos ante os primeiros pasos de Vine para Android, polo que non estamos ante unha aplicación que consiga replicar todas as funcións da súa versión para iOS, polo que haberá que agardar varias semanas ata termos dúas aplicacións ao mesmo nivel (incluso é posible que en Android amose máis prestacións grazas ao maior control que permite o sistema operativo móbil, o que xa é visible agora mesmo coa posibilidade de facer zoom na aplicación).
Exemplo de vídeo en bucle creado con Vine
Vine estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

