Unha das ferramentas máis populares para o control remoto de escritorios informáticos é, sen dúbida, TeamViewer, que conta con versións para Windows, OS X, Linux e dispositivos móbiles, estando a mellorar a súa presenza nestes últimos trebellos, de xeito que a Android e iOS súmase agora Windows Phone 8 a través dunha aplicación móbil de balde que facilita a conexión remota a ordenadores en calquera lugar do mundo.
A nova aplicación permite tomar o control de ordenadores con Windows, OS X ou Linux en cuestión de segundos, protexendo as comunicacións cun cifrado seguro (AES de 256 bits con intercambio de claves RSA de 1.024 bits) e facilitando unha listaxe de ordenadores e contactos para axilizar a súa conexión aos mesmos. A aplicación non precisa de configuracións complexas de firewalls e incluso permite reiniciar ordenadores e servidores de xeito remoto dende calquera lugar, á vez que conta con soporte multi-monitor.
Lembremos que TeamViewer é de balde para uso persoal, existindo tamén licenzas profesionais con prezos que van dende os 499 aos 1.990 euros.
TeamViewer estrea cliente para Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

