O centro comercial As Cancelas mantén a súa aposta polas TIC co lanzamento da versión para Android da aplicación que permite aos usuarios de smartphones ter toda a información do centro comercial. A aplicación, con versións en castelán e galego, pode descargarse de balde na Play Store e, ao igual que a versión para iPhone lanzada en abril, ofrece aos usuarios de dispositivos móbiles as novidades do maior centro comercial de Santiago de Compostela: eventos e promocións das súas tendas favoritas e acceso directo ás súas páxinas web; noticias, calendario e horarios das actividades que programa o centro durante toda a semana, e toda á información útil sobre o centro comercial, como os mapas de situación dos diferentes establecementos, calendario e horarios de apertura, rutas de autobús ata As Cancelas e outros datos de interese.
Ademais, a nova ferramenta facilita o acceso directo ás redes sociais do centro para participar nos numerosos sorteos e concursos que realiza cada semana As Cancelas en Facebook. A aplicación irá crecendo en utilidades nos vindeiros meses para facela cada vez máis funcional e práctica para os clientes de As Cancelas.
As Cancelas estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

