
Enténdese que é a conxuntura económica a que está a provocar esta situación, na que os clientes son cada vez menos fieis ás súas compañías, cun volume de portabilidades moi elevado (560.371 números portados en abril, o que supón un aumento interanual do 66,2%) que respondería a unha busca de tarifas máis competitivas.
Na mesma liña dos meses anteriores, tanto a telefonía fixa como a neta perderon liñas, mentres que a banda larga continúa a medrar, con 42.550 novas conexións, das que 33.668 corresponderían a operadores alternativos a Telefónica.
Só as operadoras virtuais gañaron liñas móbiles no mes de abril
Compartir Este Artigo
