A plataforma de almacenamento na nube nacida das cinsas de Megaupload, MEGA, estrea hoxe aplicación oficial para Android, dispoñible xa a través de Google Play completamente de balde, facilitando que dende o noso dispositivo móbil poidamos xestionar a nosa conta de MEGA, subir e descargar rapidamente arquivos, sincronizar as fotografías e vídeos da nosa cámara para que se garden na nube de xeito automático, realizar buscas entre os nosos ficheiros, compartir e descargar ligazóns de MEGA, ver miniaturas das imaxes, borrar, renomear e mover ficheiros e crear cartafoles. Tamén anuncian que en breve estará dispoñible a aplicación de MEGA para iOS, pois está nas súas última fases de desenvolvemento.
Como curiosidade pódese comentar que esta nova aplicación para Android non é realmente tan nova, senón que trataríase dun dos clientes de MEGA que foron aparecendo nos últimos meses, considerado como o mellor, polo que foi adquirido por MEGA para convertelo na aplicación oficial, dun xeito semellante a como acontecera no seu día coa aplicación de Twitter para iOS.
MEGA estrea aplicación oficial para Android
Compartir Este Artigo

