A compañía de transporte MRW estrea estes días un innovador servizo de notificacións certificadas en liña con validez legal, deseñada para o envío de burofaxes, e desenvolvida coa tecnoloxía da compañía galega ConfirmSign. O servizo MRW Burofax imporá os mencionados burofaxes sempre a través da Inrenet, podendo realizarse a entrega de xeito físico (burofax postal), a un correo electrónico (burofax electrónico) ou a unha SMS (burofax mobile), podendo aproveitarse esta plataforma tanto para o envío dun único burofax como de grandes volumes, facilitándose a monitorización de todos os pasos dos envíos destas comunicacións certificadas.
Entre os atractivos do servizo está o permitir a particulares e empresas o envío de burofaxes dende os seus dispositivos electrónicos e facelas chegar en papel en menos de 24 horas ou de xeito inmediato por e-mail ou SMS, o que resulta moi atractivo neste contorno de crise, no que as comunicacións con carácter probatorio son de grande importancia para reclamar débedas ou xestións de persoal e administrativas, fuxindo do elevado custo do burofax tradicional.
Vídeo explicativo do servizo MRW Burofax
MRW lanza un servizo de burofaxes electrónicos con tecnoloxía galega
Compartir Este Artigo
