A emerxencia de smartphones e tablets está a afectar seriamente ao mercado dos ordenadores persoais, que ve como as súas cifras de vendas esboróanse mes tras mes, aínda que non afecta a todos os fabricantes por igual, e os últimos datos publicados por Gartner sitúan a Lenovo como o rei do PC, que conseguiu facerse co 16,7% do mercado no que vai de ano, o que supón 12.677.265 millóns de ordenadores postos á venda, polo que a súa caída interanual apenas sería dun 0,6%, mentres que HP e Dell conseguen manter certo pulo con caídas inferiores ao 5%, o que contrasta cos resultados de Acer e Asus, que venderon un 35,3% e un 20,5% menos respectivamente durante o segundo trimestre do ano. A caída media do sector no período citado é dun 10,9%, deixando clara unha erosión de vendas importante, aínda que non tan forte como a do primeiro trimestre do ano (o 11,2%) que foi a peor caída do sector rexistrada nunca.
Se atendemos á información publicada por IDC, os resultados son lixeiramente diferentes, acentuando a caída de HP (dun 7,7%) e suavizando a de Acer (a un 32,6%), pero mantendo a media do sector nun preocupante 11,4%.
Dende HP aseguran que van recuperar a coroa do sector, aínda que defenden que o que buscan e que o seu negocio sexa rendible, mentres que dende Lenovo parecen máis preocupados por gañar cota de mercado (a costa dunhas marxes de beneficios máis axustadas), o que fai difícil saber como rematará esta guerra de xigantes que teñen serios problemas para manter o seu tamaño (aínda que todo indica que a profetizada morte do PC é unha grande esaxeración).
Lenovo lidera as vendas de ordenadores no que vai de ano
Compartir Este Artigo
