Sen dúbida un dos festivais de música máis importante do verán, xa non só deste país galego-portugués do que formamos parte senón de toda Europa, é o de Paredes de Coura que se celebra na localidade minhota do mesmo nome. O certame xa leva meses facendo ruído na Rede, dando a coñecer o impresionante cartel deste ano (Echo & The Bunnymen, The Horrors, Jagwar Ma ou Bass Drum of Death, entre outras bandas) e as datas elixidas para o seu desenvolvemento: entre o 13 e o 17 de agosto na praia fluvial de Taboão. Pois ben, meténdonos xa en materia tecnolóxica cómpre sinalar que unha boa parte dos recursos que puideran terse reducido polas canles habituais para a realización do festival, foron suplidos en importante medida coas achegas dunha compañía que nos toca de preto: Vodafone. A operadora non só patrocina, senón que lle dá novo nome ao certame, agora Vodafone Paredes de Coura.
O festival, que xa naceu xa hai máis de vinte anos, puído este ano 2013 escorrentar tódolos malos agoiros procedentes da crise e dos recortes (públicos e privados) que afectan ao país irmán (e tamén a nós, e moito, todo hai que dicilo), co patrocinio dunha operadora que xa leva tempo amosando a súa ligazón coa música fóra dos grandes centros urbanos e das canles tradicionais de distribución. A isto cómpre engadir o posicionamento da radio Vodafone FM, que se asocia tamén ao festival. Con todo, o compromiso da operadora e da súa cadea de radio con Paredes de Coura non é novo, e xa se reflectiu claramente en 2012 coa experiencia do Palco Vodafone FM e coas actividades realizadas no recinto co seu patrocinio. Desta vola, na edición 2013, a idea da compañía de telecomunicacións é, como dixemos, reforzar o seu compromiso coa música e ir alén diso apostando polos novos talentos e “confirmação de promessas da música nacional e internacional”, sinalan fontes de Vodafone FM en Portugal.
Vodafone reforza o seu compromiso co Festival de Paredes de Coura
Compartir Este Artigo
