A plataforma social Tuenti continúa a avanzar no seu itinerario para que sexa percibida como unha canle de comunicación máis que unha rede social, e dentro desta estratexia veñen de estrear Tuenti para PlayStation Vita, aplicación que facilitará que os usuarios da última consola portátil de Sony poidan chatear cos seus amigos, ver o calendario de aniversarios e eventos, visitar páxinas en Tuenti, ver o seu feed e as fotografías dos seus amigos e intercambiar mensaxes privadas, sempre cunhas comunicacións privadas, seguras e de balde.
Tras instalar a aplicación na PS Vita aparecerá un acceso directo á versión móbil de Tuenti dende o menú principal da consola, facilitando o acceso a tal plataforma de comunicación cando deixemos en pausa unha partida na portátil de Sony.
Tuenti estrea aplicación para PS Vita
Compartir Este Artigo

