Para competir coas ofertas de banda larga baseadas en fibra óptica dende Movistar apostaron hai anos pola tecnoloxía VDSL, que pouco a pouco está a verse eclipsado polas propias ofertas baseadas en fibra de Movistar, que achega un mellor servizo aínda que ten unha cobertura inferior. Como sinal de que o VDSL está a perder relevancia dentro da estratexia comercial de Movistar temos que agora, o servizo de televisión por ADSL e VDSL equipárase, de xeito que os usuarios de VDSL están a ser informados durante estes días da desaparición na súa oferta da posibilidade de recibir canles de televisión en alta definición como estaban a facer ata o momento.
Ao parecer, o VDSL non conseguiu ofrecer as posibilidades que dende Movistar agardaban, e agora centran os seus esforzos en mellorar a cobertura das súas conexións de fibra, que tamén facilitan un servizo televisivo moito máis completo e versátil que con conexións xDSL.
Movistar estaría a deixar de ofrecer televisión en alta definición aos seus clientes de VDSL
Compartir Este Artigo
