En España, grazas ao desembarco do grupo Inditex no comercio electrónico, puidemos ver a forza que o mundo da moda ten nas nosas vidas, o que evidencia o feito de que na nosa listaxe coas 100 webs galegas máis populares figuren 4 do grupo de Arteixo entre as 10 primeiras (o que no último mes foi especialmente rechamante ao superar Bershka a La Voz de Galicia), pero este fenómeno non parece progresar do mesmo xeito en todos os ámbitos da Internet, e facendo balance dos últimos anos na Rede están a deducir que a predición de hai un par de anos de que Facebook a outras redes sociais serían os seus principais escaparates está lonxe de ser unha realidade.
Podemos lembrar como houbo un momento no que as tendas chegaron a abrir tendas de seu dentro de Facebook, aproveitando o atractivo desta plataforma, no que algúns xa chamaban F-commerce, pero as iniciativas emprendidas neste ámbito por marcas como Oscar de la Renta, Tory Burch, Gap, J.C. Penny, Nordstrom e moitas outras remataron en fracaso, e practicamente todas botaron o peche.

As redes sociais resultan pouco eficientes no mundo da moda
Compartir Este Artigo
