Aínda que durante a presentación de Chromecast por parte de Google destacouse que estamos ante un produto que amosa no noso televisor contidos dispoñibles na Internet, están a xurdir solucións que facilitarán tamén a reprodución multimedia dos nosos contidos locais, como Tonido, a plataforma na nube que facilita o acceso remoto aos documentos no noso ordenador, que vén de anunciar que está a adaptarse para que podamos reproducir a música e o vídeo que teñamos no noso ordenador persoal dende Chromecast, facilitando así enormemente o seu consumo dende o salón.
Actualmente Tonido facilita o acceso remoto aos documentos no noso ordenador dende outro equipo ou incluso dende dispositivos móbiles con Android ou iOS, tanto a través de Wi-Fi como de banda larga móbil, pero para poder achegar contidos multimedia a Chromecast é preciso que esta ferramenta achegue o vídeo en formato H.264 e o son en MP3 ou AAC, polo que no caso de ter contidos noutros formatos será preciso facer unha transcodificación en tempo real, que funcionará coa meirande parte dos ficheiros multimedia que teñamos no noso equipo (soportará MOV, MP4, M4V, MPG, MPEG, AVI, VOB, MKV, WMV, XVID, FLV, SWF, OGG, GP3, MTS, M2TS).
A integración de Tonido con Chromecast vista en vídeo
Tonido facilitará a reprodución de contidos do PC dende Chromecast
Compartir Este Artigo
