Nun momento no que WhatsApp está a potenciar o uso de mensaxes de voz convertendo o móbil nunha sorte de walkie talkie é posible algúns queiran levar a experiencia un paso máis adiante, para o que poden contar con Vtalkie, aplicación que presumide de ser o primeiro walkie talkie de vídeo do mundo ao ofrecer mensaxes de vídeo baixo a fórmula do push-to-talk, incorporando tamén mensaxería de texto e adhesivos. A súa interface é moi sinxela, o sistema de chat e a aplicación son de balde, pode operar tanto por Wi-Fi como por banda larga móbil e entre as súas grandes vantaxes está que, aparte de estar dispoñible para iPhone e para Android, vén de estrear aplicación para Windows Phone 8.
Aínda que Vtalkie está actualmente en inglés, pretenden engadir soporte de español, portugués e outros idiomas nas vindeiras semanas.
Vtalkie facilita o intercambio de mensaxes de vídeo dende o móbil
Compartir Este Artigo

