
Gartner tamén confirma a posición de liderado de Samsung, que no período indicado tería vendido máis de 71 millóns de smartphones (o 31,7% do mercado), mentres que Apple vendeu menos da metade (quedando cunha cota do 14,2%) e, se atendemos a sistemas operativos, temos que globalmente o 79% dos smartphones vendidos empregan Android, o 14,2% iOS, o 3,3% Windows Phone e o 2,7% BlackBerry, o que supón unha caída de Apple en favor de Android e un cambio de posicións entre Microsoft e BlackBerry.
Se falamos de móbiles en xeral Samsung mantén a posición de cabeza con máis de 107 millóns de dispositivos vendidos, pero Apple retrocede ata un terceiro posto, pois Nokia con preto de 61 millóns de móbiles vendidos consegue manter a súa posición, aínda que caendo considerablemente nas súas vendas (no mesmo período do ano anterior vendera máis de 83 millóns de móbiles).
Gartner confirma que a meirande parte dos móbiles vendidos son intelixentes
Compartir Este Artigo
