Aínda que na presentación do Chromecast de Google quedaba claro que estabamos ante un dispositivo económico centrado na reprodución de contidos da Internet no televisor, os desenvolvedores están a espremer o pequeno trebello de Google de numerosos xeitos que fan que non sexa un produto pouco útil e relevante, de xeito que poida incluso chegar a competir con tecnoloxías como o AirPlay de Apple, o que xa podemos probar cunha aplicación, AirCast, creada mediante enxeñería inversa e da que xa circula unha versión de proba.
AirCast é unha aplicación para dispositivos Android que permite compartir vídeos da Galería do dispositivo, de Dropbox ou de Google Drive para velos directamente nun televisor no que teñamos conectado un Chromecast, podendo tamén controlar a reprodución do vídeo dende o móbil ou tablet.
Estamos ante unha ferramenta en probas, que aínda non funciona dun xeito estable, pero que pode servir para experimentar co que poderá facer Chromecast, aínda que queda por ver se Google admite este tipo de usos, ou terán que facerse de xeito non oficial, como acontece con dispositivos como o Apple TV, no que é preciso facer jailbreak para poder explotalos na súa totalidade.
Vídeo de demostración de AirCast
AirCast permite reproducir contidos no móbil a través de Chromecast
Compartir Este Artigo

