
Para poder acceder ao uso deste novo servizo é preciso ser usuario rexistrado da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, ter maior de 16 anos, contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico, e solicitar a inscrición no servizo na biblioteca municipal coa tarxeta de lector.
Os usuarios rexistrados poden explorar o catálogo en liña de eBookVigo, elixir os volumes que lle interesen en premer no botón de tomar en préstamo para poder acceder aos títulos indicados durante 21 días. Este sistema é equivalente ao dos vídeos en soporte físico, de xeito que se un libro está emprestado, o usuario quedará en listaxe de espera para o mesmo (podendo reservar un máximo de 2 e-books simultáneos).
Vigo estrea un servizo municipal de préstamo de libros electrónicos
Compartir Este Artigo
