
Podemos lembrar que Facebook mercou Instagram o pasado mes de marzo, e en vista das últimas cifras rexistradas, tal operación non prexudicou en absoluto á plataforma dispoñible oficialmente só para iPhone e Android, aínda que agora teñen que buscar algún xeito de facer rendible todo este tráfico, xa que actualmente o servizo é de balde e sen publicidade. É moi posible que para o ano que vén comecen a vender anuncios dentro de Instagram, aínda que para facer tal están a explorar posibilidades que non estraguen a experiencia de Instagram e espante aos usuarios, polo que a busca da rendibilidade búscana nun longo prazo.
Instagram chega aos 150 millóns de usuarios
Compartir Este Artigo
