
O presidente da compañía, Luis Miguel Gilpérez, lembrou hoxe que o vindeiro venres comezarán a ofrecer servizos 4G, que antes de rematar o ano pretenden chegar a 63 cidades españolas e deu conta da renovación da oferta de servizos de Movistar Fusión (que manteñen o seu prezo incorporando novas prestacións, que salvo a tarifa antes coñecida como Movistar Fusión Cero pasarán a gozar de chamadas ilimitadas dende o móbil).
Movistar tamén renova as súas tarifas de contrato móbil, de xeito que os usuarios de Movistar Total e da nova Movistar Veinte poderán gozar de 4G sen prezo adicional.
A oferta de Movistar TV simplifícase, quedando en Movistar TV (con máis de 70 canles, a Champions, a Liga e Europa League) e Movistar TV Mini (que incorpórase de balde a todas as ofertas de fibra e ofrece os contidos da TDT e canles como Fox, AXN, Cosmo, Calle 13, Paramount Comedy, unha canle promocional e 2 canles do mes de Movistar TV).
Outra das grandes novidades anunciadas por Gilpérez hoxe é un novo plan de fidelización de Movistar, que fin ao programa de puntos, e que chamarase Por ser de Movistar, ofrecendo vantaxes para obter descontos en terminais icónicos, así como para facerse con outros servizos como carburante ou seguros.
Movistar elimina o compromiso de permanencia e venderá os seus móbiles libres
Compartir Este Artigo
