Para manter o seu pulo a ferramenta de comunicación instantánea LINE está a actualizar estes días as súas aplicacións para Android e para iOS, destacando especialmente entre as novas prestacións a posibilidade de facer videoconferencias (amosando ao interlocutor a pantalla completa, aínda que permitindo tamén continuar as conversas en texto ou incluso responder as videochamadas só mediante voz), de compartir álbums fotográficos cos membros dunha conversa), facilita que cada publicación feita no cronoloxía de LINE poida contar cunha configuración de privacidade independente e tamén permite eliminar a amigos da listaxe de bloqueados/ocultos.
Por outra banda, e inicialmente só dispoñible para iOS, estréase tamén a función coñecida como Snap Movie, que consiste na posibilidade de crear pequenos vídeos de entre 4 e 10 segundos de duración e con música de fondo (inicialmente permite elixir entre 9 tipos) que parece pretender aproveitar a moda creada por Vine (de feito, o xeito de gravar é moi semellante, permitindo rexistrar varias secuencias consecutivas ata completar a peza que quere compartirse).
LINE estrea videoconferencia e snap movies
Compartir Este Artigo

