Os encontros para desenvolvedores web e de aplicacións móbiles Betabeers celebrarán o vindeiro 4 de outubro a súa oitava edición galega, que desta volta terá lugar na cidade da Coruña, concretamente na sede do espazo de coworking WeKCo, na Avda. Novo Mesoiro, que estes días está a celebrar o seu primeiro aniversario.
Este VIII Betabeers Galicia terá lugar entre as 19:00 e as 21:00 horas, comezando cun relatorio de Alberto Basalo sobre o tema da web en tempo real, á que seguirán a presentación dun par de proxectos: Ero Sante e o seu equipo amosarán a súa iniciativa Seidunsitio.com e Marcos Espada falará da súa aventura dende Holanda ata A Coruña con Mobgen.com.
Tras as actividades máis formais do encontro, os asistentes trasladaranse ao Shibumi Lounge para relacionarse dun xeito máis relaxado e facer networking. Os interesados en acudir a este evento deben inscribirse na súa páxina web para facilitar a xestión do aforo dispoñible.
O 4 de outubro terá lugar unha nova edición de Betabeers Galicia na cidade da Coruña
Compartir Este Artigo

