A plataforma de almacenamento na nube herdeira de Megaupload, MEGA, aínda conta con poucas ferramentas oficiais para non limitar o seu uso á súa versión web (concretamente ten un cliente oficial para Android), pero pola Rede circulan xa varios desenvolvementos que axudan a aproveitar o almacenamento deste servizo fundado por Kim Dotcom, entre os que destaca estes días MEGASync, unha ferramenta que aínda está en probas e que facilita a sincronización de cartafoles entre o noso ordenador con Windows e MEGA, dun xeito semellante a como traballan moitos usuarios con servizos como Dropbox ou SkyDrive.
MEGASync permite comprobar o espazo de almacenamento dispoñible en MEGA (ofrece de balde 50 Gb) , configurar o uso do noso largo de banda e incluso sincronizar de xeito independente os cartafoles de MEGA con cartafoles no noso equipo, dotando a esta solución dunha grande versatilidade.
A versión 0.22 de MEGASync pode descargarse de balde dende o propio servizo de MEGA.
Unha aplicación non oficial facilita a sincronización de cartafoles con MEGA
Compartir Este Artigo

