Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PREDIF e Vodafone reuniron a 50 profesionais do eido turístico no seu curso de accesibilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

PREDIF e Vodafone reuniron a 50 profesionais do eido turístico no seu curso de accesibilidade

Redacción
Publicado: 04/10/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

predif_vodafone_curso_santiago.jpgCelebrouse finalmente en Compostela, no Centro Superior da Hostalaría de Galicia, a actividade formativa que anunciamos hai uns días en Código Cero e que se dirixiu a achegar fórmulas e metodoloxías entre os nosos profesionais do sector do turismo no camiño dunha meirande accesibilidade a tódolos niveis, tanto física como virtual. Máis polo miúdo, o que se pretende é que o noso tecido hostaleiro perfeccione a atención ás persoas con diversidades funcionais. O curso forma parte do convenio subscrito entre PREDIF (Plataforma Estatal de Persoas con Discapacidade Física), Fundación Vodafone España e o Real Padroado sobre Discapacidade, desenvolvéndose baixo o seguinte epígrafe: Turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade ou outras necesidades diversas.
A actividade contou coa presenza do xefe da área de Xestión de Calidade de Turgalicia, Enrique Pérez, que recoñeceu que a accesibilidade no turismo é sinónimo de calidade. Asemade, explicou que ao fío disto Turgalicia elaborou a Guía de aloxamentos accesibles de Galicia, na que se detalla toda a oferta de establecementos adaptados para viaxeiros con este tipo de características físicas e motrices e que inclúe, en galego e en castelán, en papel ou descargable en pdf a través de turgalicia,es, un total de186 aloxamentos destas características distribuídos por toda a xeografía galega.
O curso tamén contou coa presenza de Xulio Castro, director do Parador Nacional de Santiago, que explicou como desde esta entidade traballan na xeración de produtos turísticos adaptados a través do desenvolvemento do Plan de Accesibilidade Universal de Paradores, posto en marcha no ano 2006. Ademais, o responsable do Departamento Vacacional de Viaxes 2000, Emilio Martínez, indicou que aproximadamente o 50% das vendas da axencia proceden da organización de viaxes adaptados para persoas con diversidades funcionais, polo que salientou en que o turismo accesible “é unha oportunidade de negocio”.
O curso, de dous días de duración, contou coa participación de 50 profesionais do sector turístico (restaurantes, aloxamentos, oficinas de turismo, empresas de turismo activo), e representantes de distintas administracións públicas locais. Durante o mesmo, os participantes experimentaron en primeira persoa a falta de adaptación de infraestruturas e servizos a través dunha actividade práctica na que puideron manexar unha cadeira de rodas ou desprazarse con antefaces e bastóns guía, mentres percorrían o Centro Superior de Hostalaría de Galicia e a súa contorna. Tamén aprenderon a empregar ferramentas para realizar o autodiagnóstico de accesibilidade dos seus establecementos que lles servirá para ofrecer a información aos seus clientes de forma obxectiva.
Como dixemos, o curso forma parte do convenio subscrito por PREDIF coa Fundación Vodafone España e o Real Padroado sobre Discapacidade, cuxo obxectivo é contribuír á normalización do lecer e o turismo para as persoas con discapacidade a través da formación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

ideas_para_producir_cluster_cei.jpg
Audiovisual

Os retos da industria audiovisual galega, polo miúdo este xoves no I+P Ideas para Producir

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?