Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant fai reconto da súa frutífera actividade na iniciativa europea LIFTGATE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Gradiant fai reconto da súa frutífera actividade na iniciativa europea LIFTGATE

Redacción
Publicado: 14/10/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

liftgate.jpgO proxecto LIFTGATE (Lifting Up the Research Potential of the Galician Telecomms Center) é unha iniciativa dirixida a pór o noso potencial investigador, no eido das novas tecnoloxías da información e das telecomunicacións, o máis preto posible de Europa. Máis en concreto, este proxecto financiado pola Comisión Europea a través do VII Programa Marco (o Programa de Capacidades-RegPot), encamíñase a aumentar a competitividade do centro Gradiant como centro tecnolóxico a nivel europeo. A este respecto, trátase dunha iniciativa viva que cada pouco estreita ligazóns entre Gradiant e o tecido innovador internacional. De feito, a sede do centro galego foi o escenario recente da segunda xuntanza do comité consultivo de LIFTGATE.
O obxectivo foi revisar a intensa actividade que Gradiant mantivo dentro de LIFTGATE durante os dous primeiros anos de actividade, os resultados que se obtiveron e as previsións para o terceiro ano do proxecto, que comeza agora. A reunión pechouse cunha mesa redonda na que os membros do comité debateron ideas que servirán para facer aínda máis intenso o impacto de LIFTGATE en Gradiant e no ecosistema de innovación galego.
Por certo que o comité está presidido polo director xeral de Gradiant, Fernando Pérez González, e conta con representantes dos tres ámbitos implicados na innovación: a industria, a Administración a través da Axencia Galega de Innovación, e as tres Universidades galegas. Ademais, no devandito equipo tamén hai dous representantes de Technicolor e Telecom Bretagne, dúas das entidades francesas coas que Gradiant mantivo intercambios de persoal investigador durante o proxecto.
A función do comité consultivo é avaliar a orientación do proxecto, a súa execución e os resultados obtidos. Segundo informa o centro galego, LIFTGATE seguirá a xerar actividade na súa sede en Vigo. De feito, a vindeira semana celebrarase alí unha xornada formativa titulada Mercadotecnia e comercialización de propiedade intelectual e tecnoloxía. Será o venres 18 de outubro, e estará orientada ao persoal interno do centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?