Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA une forzas co Instituto de Matemática Industrial para darlle azos á transferencia de tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

O CESGA une forzas co Instituto de Matemática Industrial para darlle azos á transferencia de tecnoloxías

Redacción
Publicado: 29/10/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cesga_itmati.jpgO CESGA e o ITMATI unen forzas para coller impulso. Así se fixo saber onte dende a sede do Centro de Supercomputación de Galicia, no Campus Sur de Santiago, onde se asinou oficialmente un acordo co Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial para dar pulo ás actividades de transferencia tecnolóxica á industria e ás administracións que se levan a cabo dende ámbolos dous centros. Como medidas inmediatas a tomar ao abeiro deste achegamento, poranse en marcha proxectos concretos que sirvan de combustible ao que se coñece neste ámbito como transferencia, que non é outra cousa que o fluxo de coñecementos e experiencias dende os eidos de investigación cara ás nosas empresas ou administracións, onde adquiren materialización de seu.
A cita de onte contou coa presenza do director da Axencia Galega de Innovación e presidente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Manuel Varela Rey, e o presidente do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco González García.
Amais do devandito, o acordo tamén contempla a cooperación en programas de formación de persoal xa sexa no sector empresarial, ou público; así como a participación conxunta en convocatorias competitivas de ámbito autonómico, estatal ou internacional. Do mesmo xeito, no ámbito desta colaboración entre ITMATI e CESGA organizaranse actividades relacionadas coa promoción social e empresarial da transferencia de tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico; ou o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade das dúas entidades.
Segundo salientou Manuel Varela, o impulso da transferencia de resultados da investigación á empresa co obxectivo de mellorar deste xeito a competitividade do tecido empresarial galego é un dos eixos da actuación da Axencia Galega de Innovación, que avanza neste eido a través de iniciativas como os contratos-programa cos centros de coñecemento non universitarios, ou convocatorias como o Innterconecta ou o Conecta PEME.
Lembrar, para quen non o saiba, que o consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (constituído en febreiro de 2013) vén da man das tres universidades galegas e ten como obxectivos promover a transferencia da tecnoloxía matemática e dar respostas eficaces e áxiles ás demandas das empresas, das industrias e das administracións públicas. A súa principal misión consiste en contribuír ao fortalecemento e potenciación da competitividade no entorno industrial e empresarial, apoiar a innovación no sector produtivo mediante o logro da excelencia na investigación, e o desenvolvemento de tecnoloxía matemática avanzada orientada á transferencia á industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?