Esta semana a aseguradora AXA renovou as súas aplicacións móbiles para Android e iPhone, e para dar a coñecer estas novidades organizou en París o #AXAdriveday, evento ao que acudiron representantes de numerosos medios dixitais para poder coñecer as novas ferramentas e probalas en primeira persoa no circuíto de competición de La Ferté-Gaucher.
Ata o momento AXA estaba a centrar os seus esforzos na aplicación AXA Contigo (dispoñible para Android e para iPhone), que esta semana actualizouse á versión 5.0, o que supoño un importante redeseño da ferramenta que busca servir de utilidade para os asegurados no caso de accidentes, xa que facilita a comunicación de sinistros e a solicitude de asistencia, así como a localización de oficinas e talleres de AXA, así como doutros servizos de utilidade (hospitais, estacións de servizo, hoteis…). Segundo comentan dende AXA, estamos ante unha aplicación móbil que naceu para atender a unha realidade, pois son conscientes que, tras un accidente de tráfico, o normal é chamar por teléfono aos servizos de emerxencia (cando é preciso) e á familia, para despois chamar á compañía aseguradora, e este último paso pode facilitarse moito grazas ás funcionalidades dos smartphones actuais, dotados de GPS, acceso á Rede e a posibilidade de gravar voz e facer fotografías, detalles que resultan moi prácticos á hora de declarar un sinistro e facer un seguimento do mesmo a través da Internet.
Vídeo no que se resume a xornada de presentación da aplicación en París

Cómpre destacar que esta aplicación móbil respecta a privacidade dos usuarios, limitándose a rexistrar os datos relativos a puntuacións das distintas sesións, e non aproveitando a aseguradora a información recollida para determinar a taxe de seguro de automóbil, aínda que non desbotan aproveitar a aplicación no futuro para apoiar investigacións científicas que poidan reverter nun beneficio para todos.
A xornada de probas da aplicación AXA Drive resumida en vídeo

