Nos últimos anos púxose de moda o uso de pequenos dispositivos para rexistrar a nosa actividade física diaria como as pulseiras FuelBand ou as Fitbit, pero o feito de que o iPhone 5S incorpore un coprocesador M7 que atende aos sensores de movemento do smartphone fai que estes accesorios sexan redundantes, aínda que faltaba unha aplicación para tal fin, e xa está aquí, pois vén de estrearse en países de fala inglesa Nike+ Move, que converte o movemento de usuarios dun iPhone 5S en NikeFuel, puntuación que mide a actividade para retarnos a ter movernos máis no noso día a día e incluso competir cos amigos.
A nova aplicación insta aos usuarios a manter unha actividade superior á media, compara a actividade de cada día co anterior, permite coñecer os movementos (camiñar, correr…) realizados ao longo do día e os lugares polos que se realizan os desprazamentos e incluso intégrase no Game Center para competir cos amigos e outros usuarios de Nike+ Move achegando un elemento de gamificación.
Os usuarios que queiran instalar a aplicación dende España deben facer uso dunha conta de usuario na App Store de EE.UU., Reino Unido, Alemaña ou moitos outros países nos que Nike tivo a ben autorizar a aplicación.
Nike+ Move permite converter o iPhone 5S nun monitor de actividade física
Compartir Este Artigo

