Dende Facebook levan tempo intentando gañar terreo no sector móbil, polo que segregaron as funcións de mensaxería instantánea da súa aplicación principal nun Facebook Messenger para iPhone e para Android, que vén de mudar o seu deseño completamente coa súa versión 3.0, engadindo tamén sons personalizados e unha funcionalidade que axudaralle a facer fronte a competidores como LINE ou WhatsApp: a posibilidade de mandar mensaxes aos contactos da axenda telefónica (en vez de limitar as comunicacións aos amigos de Facebook).
Esta aplicación de mensaxería instantánea tamén permite chatear en grupos, divertirse intercambiando stickers, enviar fotografías, gravar mensaxes de voz, compartir a ubicación, facer chamadas de voz de balde (incluso con amigos que estean noutros países), saber quen veu as mensaxes, comprobar a dispoñibilidade dos usuarios tanto en Facebook como en Facebook Messenger e, no caso da versión para Android, incluso trasladar as conversas a un formato de burbullas de chat para manter a conversa mentres se empregan outras aplicacións.
Facebook renova a súa aplicación móbil de mensaxería instantánea
Compartir Este Artigo

