Os usuarios de Microsoft Office 2013 que realicen habitualmente presentacións no caso de contar cun smartphone con Windows Phone 8 poderían tirar un maior proveito da combinación das distintas plataformas de software da compañía de Redmond facendo uso de Office Remote, unha aplicación de balde para o móbil que conta tamén coa súa contrapartida para Windows 7/8, de xeito que, de poder establecerse comunicación a través de Bluetooth entre o PC e o móbil poderanse realizar numerosas accións de control remoto do equipo informático.
Por exemplo, ao realizar unha presentación de PowerPoint será posible moverse polas distintas páxinas, ver as notas para o orador, comprobar o tempo que vai da presentación e manexar o punteiro en pantalla directamente dende o móbil, contando tamén con funcións semellantes para Excel e Word, o que resulta moi cómodo e áxil durante a realización de presentacións profesionais e para usos educativos.
Unha aplicación para Windows Phone facilita o control remoto de presentacións de Office
Compartir Este Artigo

