Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciencia acollerá estes días os máis salientables inventos da nosa mocidade científica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Galiciencia acollerá estes días os máis salientables inventos da nosa mocidade científica

Redacción
Publicado: 19/11/2013
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciencia-8.jpgFinalmente este mércores dá comezo un evento, en Ourense, que é algo así como unha feira da capacidade creativa da nosa mocidade. Creativa no eido tecnolóxico e investigador, con xanelas ao futuro e con potencial de aplicación: algo máis que simples inventos abraiantes. Falamos da feira Galiciencia, que se celebra do mércores ao venres da man da Tecnópole no recinto de seu en Ourense: unha carpa na que medio cento de equipos integrados por mozas e mozos da nosa nosa terra con vocación científica, amosarán ao público os seus proxectos de innovación. Segundo informa a Tecnópole, calcúlase que pola feira pasarán máis de 2.000 persoas (grupos escolares de toda a nosa xeografía e público xeral, a engadir aos rapaces cos seus inventos).
Lembrar que o evento foi recoñecido como unha das actividades de referencia da Semana da Ciencia en España pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.
Este ano a representación máis numerosa na exposición de proxectos procede dos colexios de Ourense, con 16 equipos defendendo as súas investigacións e inventos. A eles súmanse 12 de Vigo, 4 de Pontevedra, 2 de Lugo, 2 de Ribadeo, 2 de Ferrol, 2 de Narón, 2 de Cambre, 1 de Santiago e 5 de Barcelona.
Segundo engade Tecnópole, Galiciencia chega á súa oitava edición “cunha ampla oferta de actividades paralelas á exposición de proxectos que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga a través dunha exposición promovida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e de varios obradoiros orientados a diferentes idades”. Neles realizaranse experimentos físicos e químicos nos que se traballará con augas termais, ademais de catas e experiencias dirixidas a concienciar aos participantes sobre o valor e a importancia dun uso responsable deste recurso indispensable para a vida.
Ademais, a Fundación Barrié participará cun stand propio no espazo da feira e ofrecerá unha charla para que os docentes coñezan a programación para este curso da canle educaBarrié, unha innovadora plataforma web na que se poñen contidos didácticos e materiais ao dispor da comunidade educativa.
Entre os moitos inventos a presentar na feira, relevantes para a temática de Código Cero (as novas tecnoloxías da información), inclúense cousas como un respaldo intelixente que advirte ao usuario das malas posturas nas costas (da man de Alba Fernández, do IES Julio Prieto de Ourense), unha luz de salvamento a partir do flash dunha cámara (da man de Carolina Moura Sousa e María Marta Viso, do Colexio As Acacias de Vigo), un sistema que alerta se accedemos en contrasentido nunha autoestrada (de Xosé Lois Chorén e Unai Ansedes, do IES Xoán Montes de Lugo) ou unha tecnoloxía que permite verificar ata que punto se lle pode tirar partido ás ondas emitidas polos teléfonos móbiles (de Ainhoa Guerreiro e Aitor Guerreiro do Centro Plurilingüe Divino Maestro de Ourense).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?