Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da UVigo traballan nun innovador sistema para garantir procesados de datos seguros de xeito incondicional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Investigadores da UVigo traballan nun innovador sistema para garantir procesados de datos seguros de xeito incondicional

Redacción
Publicado: 27/11/2013
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O investigador de AtlanTIC e da Universidade de Vigo, Marcos Curty
O investigador de AtlanTIC e da Universidade de Vigo, Marcos Curty
A seguridade nos diferentes chanzos de tratamento da información segue a ser en certa maneira unha materia pendente. Con todo, os nosos investigadores semellan terlle declarado a guerra a estes retallos soltos. A máis recente destas frontes abertas chéganos dende a Universidade de Vigo, onde un equipo liderado por Marcos Curty (membro de AtlanTIC e investigador do grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas da Universidade de Vigo) xuntou forzas con expertos en tecnoloxías chineses e da Universidade de Sevilla para dar forma a recursos que garantan un procesamento da información “incondicionalmente seguro”. Ou sexa, para facer que os datos que devezamos por protexer estean protexidos si ou si.
Isto é o que se coñece como protocolo de compromiso de bit: a toma de decisións garantindo que ninguén (absolutamente ninguén) poida mudalas logo. A idea do devandito proxecto internacional no que traballa a Universidade de Vigo é dar un chimpo cara a adiante neste materia: achegarlle os alicerces firmes que precisa. A través desta iniciativa, os investigadores implicados demostraron por primeira vez que a combinación da mecánica cuántica e da teoría da relatividade permite resolver de xeito “incondicionalmente seguro “este tipo de problemas de comunicacións e procesado de información “que se pensaban imposibles ata o de agora”, sinala a Universidade de Vigo.
O equipo internacional (o grupo de Curty e investigadores sevillanos e máis da University of Science and Technology of China Qiang Zhang e Jian-Wei Pan e do Shandong Institute of Quantum Science and Technology) empregou algo máis de medio ano en realizar e avaliar os resultados do experimento. En palabras de Curty, estamos ante a constatación do importante potencial da interacción entre mecánica cuántica e teoría da relatividade á hora de garantir certas esixencias en materia de coñecemento. “O noso traballo”, sinala, “amosa tamén que estes protocolos de comunicacións cuántico-relativistas son experimentalmente viables, e abre por completo un novo eido de investigación que pode proporcionarnos novas aplicacións prácticas”.
Segundo explica o investigador, a iniciativa ten o seu xermolo na Universidade de Estocolmo, onde coincidiu nunha estadía de investigación a finais de 2012 co catedrático da Universidade de Sevilla Adán Cabello. O experimento, engade a UVigo, “combina as dúas teorías físicas que rexen o universo, a mecánica cuántica e a teoría da relatividade, permitindo demostrar por primeira vez que a natureza pode resolver problemas de comunicacións e procesado de información ás que non lles tiña atopado resposta”. E engade: “Esta combinación das dúas teorías chega onde non o fan nin a mecánica clásica nin a mecánica cuántica de xeito illado, ao non permitiren aplicar o compromiso bit de xeito incondicionalmente seguro”. Como exemplo práctico da aplicación destes traballos, Curty ponnos en situación: que faría un grupo de millonarios que desexase saber quen é o que ten máis diñeiro pero ao mesmo tempo non quixera canto diñeiro atesoura cada un deles? Este problema tería solución empregando a denominada computación distribuída de xeito seguro, “que permite calcular unha determina función que depende de certos datos que están distribuídos en diversos ordenadores de xeito que todos eles colaboren para obter o resultado da función pero ningún deles poida acceder á información dos distintos ordenadores”. Outros protocolos criptográficos que tamén poderían beneficiarse da posibilidade de realizar o devandito compromiso bit de xeito seguro son os denominados coin tossing, zero knowledge proofs ou obvious transfer. Segundo explica Curty, o experimento no que traballa “podería utilizarse para realizar todos estes protocolos de xeito plenamente seguro, o que ata o de agora non era posible”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?