Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC dará conta do novo cadro de axudas europeas para o I+D+i nunha completa xornada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A UDC dará conta do novo cadro de axudas europeas para o I+D+i nunha completa xornada

Redacción
Publicado: 28/11/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O reitor Luís Armesto abrirá a xornada do vindeiro luns
O reitor Luís Armesto abrirá a xornada do vindeiro luns
O vindeiro luns 2 de decembro o Paraninfo da Universidade da Coruña acollerá a Xornada de Presentación do Programa Horizonte 2020, onde destacados funcionario da Comisión Europea, xunto con expertos en presentación de propostas, van debullar as liñas xerais, os puntos fortes e os termos económicos e legais do novo programa cadro, que vai cubrir o período de 7 anos comprendido entre 2014 e 2020, e que conta con 77.000 millóns de euros destinados á implementación da Innovation Union a través do financiamento de I+D+i en universidades, centros de investigación e empresas (o 20% do orzamento reservarase para a participación das PEME).
A xornada desenvolverase segundo o seguinte programa

horizon2020_0.jpg9:00. Apertura da xornada
Xosé Luis Armesto Barbeito, Reitor da Universidade da Coruña
· 9:10. Introdución ao Horizonte 2020. Presentación de relatores
Xosé Manuel Silva, Conselleiro Especial do Presidente da Comisión Europea, Ex-Director Xeral de Agricultura da Comisión Europea.
· 9:30. “A I+D+i e o crecemento económico na Unión Europea: o papel de Horizonte 2020”
Román Arjona, Economista Xefe da Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea, Ex-Secretario Xeral de Innovación do Goberno Español
· 10:10. “Horizonte 2020, da investigación á innovación”
Jorge Velasco, Físico investigador, Delegado do CSIC en Bruselas
· 10:50. “Horizonte 2020: a investigación en consorcio”
Lucía Sirera, Universidad de Alicante, experto nacional destacado en la Comisión Europea, Dirección Xeral de Investigación e Innovación
11:30. Descanso / café
· 12:00. “Piar I de H2020: Excelencia na Ciencia. Investigación básica, carreira e mobilidade”
Anxo Moreira, Punto Nacional de Contacto para asuntos legais e financeiros do H2020
· 12:40. “Piar II do H2020: Liderado Industrial. Investigación e Innovación en Tecnoloxías da Información e a Copmunicación no Horizonte do 2020”
Luis Rodríguez-Roselló, Ex-Xefe da Unidade de Tecnoloxías de Redes da Dirección Xeral de Conectividade da Comisión Europea
13:20 Descanso / xantar de pé
· 14:30. “Piar III de H2020: os Retos Sociais. Saúde, cambio demográfico e benestar
Octavio Pernas, Punto Nacional de Contacto de Saúde no Reino Unido
· 15:10 “Regras de participación no H2020”
Lluís Botifoll, Consultor de programas FP e Horizonte da Comisión Europea
· 15:50. “A arte de competir: do 7PM ao H2020”
Ricardo García Mira, Profesor investigador da UDC e Coordinador de proxectos de investigación multinacionais
· 16:30. Debate conxunto público-relatores dirixido por Xosé Manuel Silva
Ao longo da xornada recolleranse entre o público cuestións para o debate final.

Os interesados en participar nesta xornada de entrada libre deberán comunicalo previamente por correo electrónico ou ao número de teléfono 981 167 000 ext. 1464.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?