As canles de televisión españolas están a apostar con forza polos dispositivos móbiles como unha porta aos seus contidos, sendo a última plataforma na que están a desembarcar a de Microsoft, na que parece levar a dianteira Atresmedia (que xa conta con aplicacións para Windows 8 e Windows Phone), de aí que Mediaset reaccione e veña de estrear MiTele para Windows Phone 8.
Esta ferramenta de contidos de televisión na Internet concentra a oferta de Telecinco e Cuatro, facilitando o acceso a unha grande colección de series de produción propia. Atopamos así series de ficción, contidos infantís, eventos deportivos… e incluso a emisión en directo das canles do grupo.
ACTUALIZACIÓN: Como era de prever, a aplicación de MiTele xa está tamén dispoñible para Windows 8.1.
MiTele chega a Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

