Unha das funcionalidades que foron incorporando os móbiles nos últimos anos é a de fixar un horario no que queremos que o terminal estea en modo silencio para non molestarnos durante o noso descanso, e ante o feito de que Windows Phone aínda non conte con tal prestación de serie xorde Quiet Hours, unha aplicación na que podemos programar o horario no que queremos que o móbil estea en silencio, ou que incluso facilita a activación do modo silencio (o que tamén pode facerse instalando unha lousa no menú do móbil.
Cómpre matizar que o horario de activación e desactivación do modo silencio non é preciso, pois Windows Phone limita a frecuencia na que unha aplicación pode executarse en segundo plano (ou sexa, que tería unha marxe de erro duns 30 minutos) e, aínda que a aplicación pode descargarse de balde, para o seu uso real é preciso realizar unha compra dentro da aplicación por valor de 0,99 euros.
Unha aplicación para Windows Phone silencia o móbil nun horario programado
Compartir Este Artigo

