
Aínda que hai que vexa isto como un duro golpe á neutralidade de rede, podemos ver o asunto como un simple atranco formal, froito dunha política inconsistente por parte da FCC, que primeiro libera de regulacións a un sector (concretamente en 2002 determinouse que as compañías de banda larga fixa quedaban fóra da consideración de operadores de telecomunicacións para ser considerados provedores de servizos de información) para despois intentar imporlle restricións, facendo ilegal a orde que pretendía garantir a neutralidade de rede na banda larga fixa (en móbiles parece amplamente aceptadas as limitacións das conexións para garantir a calidade do servizo).
A necesidade de garantir unha Internet aberta continúa a existir, polo que agora queda por ver se a FCC apelará ante a decisión actual, ou se, pola contra, explorarán outros camiños para garantir a neutralidade de rede (para o que podería chegar con mudar a clasificación dos provedores de servizos de banda larga para situalos dentro do ámbito de competencias da FCC).
Unha resolución xudicial reaviva o debate sobre a neutralidade de rede nos EE.UU.
Compartir Este Artigo

